Grelo

A pranta do nabo é posiblemente a máis identificada especificamente con Galicia. A súa parte aérea, ben sexan as follas da etapa vexetativa do cultivo (nabizas), ben sexan os brotes que darán lugar á floración (grelos ou cimos), son compoñente indispensable dos pratos máis típicos da gastronomía galega (lacón con grelos, cocido, caldo,…).

A nivel nutritivo, como a maioría dos  legumes de folla, caracterízase polo seu baixísimo contido calórico e pola contra cunha interesante achega de vitaminas e minerais, ademais de conter glucosinolatos, compostos con propiedades anticanceríxenas.

Concentramos a maioría da produción de grelos nos socios da zona de A Estrada – Val do Ulla, Cuntis e Caldas de Reis.

Época de produción: de Outubro a Abril.
Presentación: Granel: mandas de 800 gr.
Manipulado: flow-pack.