Horsal Cooperativa

Frescura

Sabor

Sostibilidade

Produtores de hortalizas de Galicia

Dedicámonos á produción e comercialización de vexetais de Galicia: pemento Padrón, xudías, repolo, leituga, cebola, grelos, tomate …

Somos unha das maiores organizacións no campo da horta atlántica, 90 familias de diferentes zonas de Galicia, aínda que con maior presenza na comarca do Salnés, que nos unimos buscando o mellor xeito de chegar a vostede co froito do noso traballo.

Esforzándonos en combinar o mellor da nosa tradición, o bo traballo que aprendemos dos que nos precederon, con técnicas innovadoras e os estándares de calidade máis recoñecidos, buscamos a satisfacción dos nosos clientes, tanto nas pequenas tendas locais como nas maiores cadeas de distribución de alimentos de España.

Da maior seguridade, frescura, sabor e sustentabilidade, tanto social como ambiental.

Pemento Padrón
Ensalada IV Gama Xantasán
Leituga
Produtos BIO

Horsal Sociedad Cooperativa

Horsal S.C.G. foi fundada a finais de 1985 por 16 agricultores e agricultoras, visionarios que apostaron por sacar adiante un proxecto ilusionante, con poucos medios e moito tesón, querendo dignificar a horticultura como medio de vida e buscando na asociación baixo a fórmula cooperativa un medio para desenvolver económica e socialmente a comarca do Salnés (Pontevedra)

Os nosos apoios institucionais

“A Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), apoia a realización do proxecto de ampliación da central hortícola de Horsal SCG e a posta en marcha dunha liña de ensaladas de IV Gama, ascendendo o investimento subvencionable a 701.048,76 €, para o que se lle concedeu unha axuda pública total de 245.367,07 € (o 75% financiada polo FEADER). Con este proxecto a cooperativa busca ampliar a súa gama de produtos, con presentacións que se adapten mellor ás necesidades e gustos do consumidor”.

“A Deputación de Pontevedra apoia, a través da súa liña de subvencións ás cooperativas agrogandeiras da provincia para 2022, o investimento de Horsal na “Adquisición dunha enmalladora automática”, ascendendo o investimento subvencionable a 40.700,00 €, e a subvención concedida a 20.350,00 €”.