A nosa filosofía
Certificados de calidade
O departamento de calidade da cooperativa leva moitos anos traballando cos socios na meticulosidade dos procedementos a seguir nos nosos cultivos, e tamén no proceso de manipulación e envasado na central.
Traballamos pensando non só que este é o noso medio de vida, senón tamén e sobre todo que este é o teu alimento.
O primeiro protocolo implantado foi a ISO 9001:2000, no ano 2005.
Elevando o nivel de esixencia, en 2009 imprantamos o “Referencial de Producto Hortofrutícola Mercadona”.
En 2015 incorporámonos ao estándar máis recoñecido internacionalmente, Global GAP.
En 2021 lanzamos a nosa liña de PRODUTOS ECOlóxicos, certificados polo CRAEGA, pementos de Padrón, xudías, cabaciñas, cabazas, coles, grelos...