As nosas instalacións

Os mellores procesos para o mellor produto

As instalacións de procesado e envasado, que se atopan en Cambados, ocupan máis de 4.000 m2 de superficie construída, contando con zona de recepción, dúas cámaras de materia prima, zona de manipulación, unha cámara de produto terminado, área de expedición e almacéns.

Nestas instalacións tentamos ter o produto o menor tempo posible e tratalo con todo o mimo do que somos capaces para que chegue a ti nas condicións máis parecidas a cando sae do campo.