Cooperativa

Somos unha cooperativa dedicada á produción e comercialización de froitas e hortalizas

Horsal S.C.G. foi fundada a finais de 1985 por 16 agricultores e agricultoras, visionarios que apostaron por sacar adiante un proxecto ilusionante, con poucos medios e moito tesón, querendo dignificar a horticultura como medio de vida e buscando na asociación baixo a fórmula cooperativa un medio para desenvolver económica e socialmente a comarca do Salnés (Pontevedra)

Dende aqueles duros inicios mantívose un constante esforzo de formación, innovación e profesionalización, para conseguir facer as cousas un pouco mellor cada día. Fóronse integrando novos socios, ampliando a área xeográfica de influencia, incorporando novos cultivos e novas técnicas, acometendo importantes investimentos en instalacións e equipos.

Estes trinta anos de continua aprendizaxe fixeron de Horsal unha organización cunha sólida cultura orientada “á túa alimentación saudable”. En todas as fases desde a planificación dos cultivos ata a posta a disposición dos nosos produtos polo consumidor, coidamos meticulosamente todos os procesos e procedementos: seguimento dos cultivos, organización do momento óptimo de recolección, manipulación e envasado na nosa central, para ofrecerche

produto da maior seguridade frescura sustentabilidade social sustentabilidade ambiental

"A túa alimentación saudable"

Esforzámonos por conxugar o mellor da nosa tradición, o bo facer que aprendemos de quen nos precedeu, con técnicas innovadoras e os máis recoñecidos estándares actuais de control de procedementos e calidade:

Recollemos semente autóctona

en cultivos como o pemento Padrón, cebola chata, grelo ou nalgunhas variedades de tomate.

O control da maioría das pragas que afectan aos nosos invernadoiros facémolo con loita biolóxica

(Orius laevigatus e Swirskii amblysius contra trips, Nesidiocoris tenuis contra tuta e mosca branca, Aphidius sp e xoaniñas contra pulgón,...) e prantas trampa/repelentes (tajete, caravel chino e albahaca para trips, capuchina repelente de pulgón, crisantemo, menta,...)

En 2009 imprantamos a primeira certificación externa

de referencial de produto para garantir de xeito independente a calidade do que facemos. En 2015 conseguimos a certificación do estándar internacional de calidade Global GAP, un importante esforzo para nós na meticulosidade do noso traballo.

Achegando valor aos nosos clientes

Na actualidade somos provedores, entre outras, das seguintes empresas de distribución:

Tamén abastecemos un importante número de clientes locais, froiterías, postos de mercado, empresas de restauración. No mercado exterior temos presenza en Reino Unido e Países Baixos.