Tomate

Cultivamos o que comercialmente se denomina “tomate ensalada” de coroa verde, é dicir, que colle cor roxa de xeito progresivo dende o ápice ata o pedúnculo, acadando un saboroso punto de consumo aínda que teña a coroa verde e non estea completamente roxo.

A produción levase a cabo unicamente en invernadoiro, con loita biolóxica para o control das principais pragas do cultivo.

Ademais destas variedades comerciais do “tipo ensalada” cultivamos, previo acordo cos clientes interesados, variedades autóctonas como o “Negro de Santiago”, que son de máis curta vida e máis delicados no relativo a manipulación e transporte, pero de exquisito sabor.

Época de produción: de Xuño a Outubro
Presentación: Granel: prancheta con alvéolo 22-25-28-30-32; caixa de madeira con 10 kg a dous mantos e calibres G e GG.
Manipulado: malla de 1 kg con calibre M.