Repolo

Producimos repolo rizo, tamén chamado col de Milán, e repolo corazón, tipo Lorena. As variedades que usamos habitualmente de repolo rizo son semi-Savoy, é dicir, con follas máis lobuladas na parte externa, pero menos lobuladas a medida que imos pasando ao interior da peza, que é o tipo con máis aceptación en Galicia.

Os calibres que comercializamos son sobre todo medios e pequenos, de 1,2 a 1,8 kg por peza. O repolo Lorena caracterízase por ser de sabor máis suave ca o rizo. Sacamos calibres algo máis reducidos que en rizo, entre 0,8 e 1,5 kg por peza.

Época de produción: todo o ano.
Presentación: Granel: caixa de madeira ou plástico de 6-8 unidades.
Manipulado: envasado con film retráctil ou flow-pack e etiquetado peso-prezo.