É o produto estrela da cooperativa. Producimos estes pementos con semente autóctona, seleccionada por nós mesmos, nunha tradición que arrinca no século XVII, cando os monxes franciscanos do convento de Herbón (Padrón) trouxeron estas sementes das Américas, estendéndose logo por toda a área da Ría de Arousa.
O uso desta semente tradicional fronte ás actuais variedades comerciais permítenos manter niveis variábeis de capsicina, a substancia que provoca o tradicional picor …”uns pican, outros non”.
Neste cultivo a práctica totalidade de medidas de control de pragas que afectan aos nosos invernadoiros son de loita biolóxica (Orius laevigatus e Swirskii amblysius contra trips, Aphidius sp e xoaniñas contra pulgón,…) e prantas trampa/repelentes (tajete, caravel chino e albáfega para trips, capuchina repelente de pulgón, crisantemo, menta,…).