Outros pementos

Aínda que no cultivo de pemento nos centramos na variedade Padrón, tamén temos outros tipos como o branco ou os Lamuios.

Nos pementos denominados comunmente tipo branco englóbanse distintas variedades locais (branco de O Rosal, Oímbra, Punxín,…) que comparten semellanzas, pero que tamén ofrecen particularidades diferenciadoras que levaron a que algunha destas variedades teña a súa propia Indicación Xeográfica Protexida (Arnoia). Caracterízanse pola súa cor verde clara, olor intenso e sabor suave, con parede fina que os fai moi apreciados para o seu consumo frito.

En canto ao pementos Lamuio que producimos, sacámolo ao mercado tanto en verde coma en roxo, escollendo variedades que destacan polo grosor da súa parede.

Época de produción. Branco: de Maio a Outubro; Verde: de Xuño a Outubro; Roxo: de Xullo a Novembro.
Presentación: Granel: : caixas de madeira de 6 kg.
Manipulado: malla de 500 gr e 1 kg.