Kiwi

É a froita que producimos en Horsal, diversificando a actividade hortícola dos nosos socios. O valor diferencial que achega o noso kiwi é que ao producirse en pequenos hortos a recollida concéntrase en poucos días, co que podemos agardar a que o contido en azucres dos froitos sexa o óptimo para chegar ao consumidor con mellor sabor, evitando tamén longos períodos de conservación e transporte.

Época de comercialización: a partir de Novembro.
Presentación: Granel: caixas de 10 kg.
Manipulada: terrina de 1 kg.