Aínda que no cultivo do pemento centrámonos na produción Padrón, tamén temos outros tipos como o Blanco ou o Lamuyo.
Os pementos denominados comunmente tipo Branco inclúen distintas variedades locais (branco do Rosal, Oimbra, Punxín,…) que comparten semellanzas, pero tamén presentan características diferenciadoras que propiciaron que algúns deles teñan a súa propia Indicación Xeográfica Protexida (Arnoia). . Caracterízanse pola súa cor verde claro, olor intenso e sabor suave, cunha parede delgada que os fai moi apreciados para o consumo de fritos.